viernes, 17 de mayo de 2024

ESGRAFIADO NO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA.

    Por iso o mes de maio e tan significativo pra min, cumplo anos e tamén soños.


Manuel Quintana Martelo, Presidente de la Academia Galega de Belas Artes e Manuel González, Real Academia Galega. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Xaneiro 2024


Nesta fotografía estou con  Nuria Pereira,  directora do IE Campus Stellae o día que recibimos a visita de Manuel González, director do Diccionario da Lingua Galega , na que solicitamoslle a inclusión do termo Esgrafiado no diccionario. 
Como un regalo de cumpleanos, o 30 de maio de 2022 case un ano despóis a presentación de primeiro libro " Esgrafiado na Ribeira Sacra e no Camiño de Santiago" , recibimos a noticia de que se incluían  o  termo Esgrafiado e tamén  o seu verbo Esgrafiar. 

Nuria Pereira, IE Campus Stellae e Manuel González,  Real Academia Galega 


Portada do libro onde se atopa o prólogo de Manuel González González. Foto: IE Campus Stellae

Manuel González González.

Real Academia Galega

Esgrafiado no diccionario da Real Academia galega. Fragmento p.p 19-29

" No mes de mayo de 2022 recibimos na Real Academia Galega unha solicitude da directora do Instituto Europeo Campus Stellae na que se solicitaba a incorporación ao Diccionario da RAG da familia léxica relacionada coa técnica do "esgrafiado" palabra que raramente fora utilizada na lingua galega pola simple razón de que practicamente non había estudos en galego dedicados a investigar esta técnica de gravado. A solicitude tiña unha motivación moi concreta: a investigadora Mar López Sotelo acababa de publicar un traballo sobre as gravacións realizadas con esta técnica en Galicia. Cumpría, pois, buscar unha voz para  designar esta técnica en lingua galega.

O seminario de Lexicografía da RAG atendeu a solicitude e acordou o día 30 de maio de 2022 incorporar ao seu diccionario a palabra ESGRAFIADO....

O importante é que a lingua galega xa dispón, de maneira oficial, da terminoloxía necesria para designar estes novos conceptos, grazas ao traballo de Mar López Sotelo e á iniciativa do Instituto Europeo Campus Stellae e da súa directora Nuria Pereira, quen tiveron a feliz idea de facer chegar á RAG a necesidade de encher este baleiro terminolóxico."


Mar López Sotelo

Directora do Área de Historia e Antropoloxía 

Instituto Europeo Campus Stellae

lunes, 6 de mayo de 2024

EU SON ANTIGA ALUMNA DO IES A PINGUELA. MONFORTE DE LEMOS. LUGO


Intervención como antiga alumna 


O meu pai inculcoume o amor polos libros e a inquietude de aprender e viaxar a través deles. A miña familia era moi humilde e non había moitos medios, por iso a través da lectura daba renda solta á miña imaxinación.

 

Comprábame tamén, mariquiñas, contos,  plumieres, lousas e pizarrines, cadernos de Rubio e mostrábame con gran orgullo as suas prezadas xoias,  “ O Mentor” , segundo libro de escritura manuscrita do ano 1942 e a 18 edición de “Don Quixote da Mancha” de 1958 ou ollabamos xuntos as ilustracións das Enciclopedias Álvarez que aínda gardo, con gran estima, na miña biblioteca persoal. Para min, O Mentor foi como o Word de hoxe en día, cada lectura tiña unha caligrafía diferente  e  elixias a que máis se adaptaba á túa personalidade.


Agora temos belos audiolibros, pero de nena o meu preferido  era Don Quixote da Mancha, con él vivín as miñas primeiras aventuras, xa que era capad de imaxinarme que era Dulcinea do Toboso ou o mesmo Don Quixote, cun pau na man   a “espadazos” con calquera cousa que se me puxera no meu camino.

 

Máis adiante cambieino polas aventura de Frodo o hobbit no Señor dos Aneis e na miña recente visita á Universidade de Oxford puiden comprobar porqué JRR Tolkien tiña tanta imaxinación. As paisaxes que observaba dende o seu despacho son moi inspiradoras.


Dicían que era un “polvorilla” unha pispireta, que estaba sempre nas “minchas” soñando,  comportamento que me custou algunha que outra reprimenda, pero o graduarme en Educación Social comprendín que tan so era unha pequena Hiperactiva cunha gran imaxinación, que me permitía escribír as miñas propias aventuras con vestuario incluido para dar máis realismo .  

 

Xa vos imaxinardes en quen me vín reflectida ao ler o libro de Mullerciñas,  xa non me sentía rara, Josephine March era coma mín.

 

Despoís de pasar polo Instituto Rio Cabe, matriculeime no Daviña Rey, precursor de IES A Pinguela. ,¡queridos amigos¡¡¡, aí descubrín unha forma diferente de ensinar, que se adaptaba perfectamente ás miñas necesidades e permitíame desenvolver o meu talento e aprender con moita máis facilidade da que estaba afeita.


Aprendín con profesores como D Manuel Balea, o uso das máquinas de escribir o equivalente aos móviles, cos dibuxos de Trujillo. Fixen teatro co “ O Taco” con Fernando Piñón,  Corona ensinoume mecanografía, non vexades que rápido lle dou a teclado,  tiña unha asignatura de Galego, participaba nos festivais de San Xoán Bosco e tamén tiña  clases ao aire libre, todo elo foi deixando grande pegada en mín.  

 

No curso de 1983-1984 inauguramos un centro super moderno para a época o IES A Pinguela do que hoxe celebramos o 40 aniversario, daquelas  rodeado de campo, onde o único que nos despistaba eran as moscas ou algún que outro mosquito. Para min foi unha Escola Montessori, a mellor pedagoxía que tiven para cubrir as miñas ansias de saber e de coñecer.


Nunca perdín o contacto co Instituto e na actualidade sigo recibindo apoio e colaborando co  profesor de estadística Enrique Sampil, hoxe director do Centro o que me permitiu impartir a conferencia sobre o “Fracaso Escolar” para o TFM do Máster “Tratamento Educativo da Diversidade”, que estudei pola vocación de apoio a chavalada, qué como eu, tiña algunha dificultade na aprendizaxe.

 

Tamén son comisaria dunha Exposición Itinerante do Esgrafiado Galego.  Apoiou a publicación do meu primeiro libro no 2021 ,colaborei no Circular polo Saviñao IV no 2022 e con iste libro e ca miña derradeira publicación sobre o Esgrafiado Estilo Galego, fomos o Reino Unido e como sinxelo agasallo de aniversario, conquerín que alí os atopedes na Rede de Bibliotecas Universitarias o R K e moi especialmente, en renombradas institucións coma o  Instituto Español Vicente Cañada Blanch, Instituto Cervantes, Victoria and Albert Museum e na Consellería de Educación de España en Londres, e na Universidade de Oxford na biblioteca do Queen's College na Facultade de Medieval e Linguas Modernas no Departamento de Galego.


Como vedes grazas a comunidade educativa do IES A Pinguela sigo forxando a miña personalidade, valores, logros e metas, por iso é un orgullo poder dicir que eu son Antiga Alumna deste grande centro educativo.
Mar López Sotelo

Directora del Área de Historia y Antropología IE Campus Stellae.