lunes, 6 de mayo de 2024

EU SON ANTIGA ALUMNA DO IES A PINGUELA. MONFORTE DE LEMOS. LUGO


Intervención como antiga alumna 


O meu pai inculcoume o amor polos libros e a inquietude de aprender e viaxar a través deles. A miña familia era moi humilde e non había moitos medios, por iso a través da lectura daba renda solta á miña imaxinación.

 

Comprábame tamén, mariquiñas, contos,  plumieres, lousas e pizarrines, cadernos de Rubio e mostrábame con gran orgullo as suas prezadas xoias,  “ O Mentor” , segundo libro de escritura manuscrita do ano 1942 e a 18 edición de “Don Quixote da Mancha” de 1958 ou ollabamos xuntos as ilustracións das Enciclopedias Álvarez que aínda gardo, con gran estima, na miña biblioteca persoal. Para min, O Mentor foi como o Word de hoxe en día, cada lectura tiña unha caligrafía diferente  e  elixias a que máis se adaptaba á túa personalidade.


Agora temos belos audiolibros, pero de nena o meu preferido  era Don Quixote da Mancha, con él vivín as miñas primeiras aventuras, xa que era capad de imaxinarme que era Dulcinea do Toboso ou o mesmo Don Quixote, cun pau na man   a “espadazos” con calquera cousa que se me puxera no meu camino.

 

Máis adiante cambieino polas aventura de Frodo o hobbit no Señor dos Aneis e na miña recente visita á Universidade de Oxford puiden comprobar porqué JRR Tolkien tiña tanta imaxinación. As paisaxes que observaba dende o seu despacho son moi inspiradoras.


Dicían que era un “polvorilla” unha pispireta, que estaba sempre nas “minchas” soñando,  comportamento que me custou algunha que outra reprimenda, pero o graduarme en Educación Social comprendín que tan so era unha pequena Hiperactiva cunha gran imaxinación, que me permitía escribír as miñas propias aventuras con vestuario incluido para dar máis realismo .  

 

Xa vos imaxinardes en quen me vín reflectida ao ler o libro de Mullerciñas,  xa non me sentía rara, Josephine March era coma mín.

 

Despoís de pasar polo Instituto Rio Cabe, matriculeime no Daviña Rey, precursor de IES A Pinguela. ,¡queridos amigos¡¡¡, aí descubrín unha forma diferente de ensinar, que se adaptaba perfectamente ás miñas necesidades e permitíame desenvolver o meu talento e aprender con moita máis facilidade da que estaba afeita.


Aprendín con profesores como D Manuel Balea, o uso das máquinas de escribir o equivalente aos móviles, cos dibuxos de Trujillo. Fixen teatro co “ O Taco” con Fernando Piñón,  Corona ensinoume mecanografía, non vexades que rápido lle dou a teclado,  tiña unha asignatura de Galego, participaba nos festivais de San Xoán Bosco e tamén tiña  clases ao aire libre, todo elo foi deixando grande pegada en mín.  

 

No curso de 1983-1984 inauguramos un centro super moderno para a época o IES A Pinguela do que hoxe celebramos o 40 aniversario, daquelas  rodeado de campo, onde o único que nos despistaba eran as moscas ou algún que outro mosquito. Para min foi unha Escola Montessori, a mellor pedagoxía que tiven para cubrir as miñas ansias de saber e de coñecer.


Nunca perdín o contacto co Instituto e na actualidade sigo recibindo apoio e colaborando co  profesor de estadística Enrique Sampil, hoxe director do Centro o que me permitiu impartir a conferencia sobre o “Fracaso Escolar” para o TFM do Máster “Tratamento Educativo da Diversidade”, que estudei pola vocación de apoio a chavalada, qué como eu, tiña algunha dificultade na aprendizaxe.

 

Tamén son comisaria dunha Exposición Itinerante do Esgrafiado Galego.  Apoiou a publicación do meu primeiro libro no 2021 ,colaborei no Circular polo Saviñao IV no 2022 e con iste libro e ca miña derradeira publicación sobre o Esgrafiado Estilo Galego, fomos o Reino Unido e como sinxelo agasallo de aniversario, conquerín que alí os atopedes na Rede de Bibliotecas Universitarias o R K e moi especialmente, en renombradas institucións coma o  Instituto Español Vicente Cañada Blanch, Instituto Cervantes, Victoria and Albert Museum e na Consellería de Educación de España en Londres, e na Universidade de Oxford na biblioteca do Queen's College na Facultade de Medieval e Linguas Modernas no Departamento de Galego.


Como vedes grazas a comunidade educativa do IES A Pinguela sigo forxando a miña personalidade, valores, logros e metas, por iso é un orgullo poder dicir que eu son Antiga Alumna deste grande centro educativo.
Mar López Sotelo

Directora del Área de Historia y Antropología IE Campus Stellae.


 


 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario