Por iso o mes de maio e tan significativo pra min, cumplo anos e tamén soños.
![]() |
Manuel Quintana Martelo, Presidente de la Academia Galega de Belas Artes e Manuel González, Real Academia Galega. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Xaneiro 2024 |
![]() |
Nuria Pereira, IE Campus Stellae e Manuel González, Real Academia Galega |
![]() |
Portada do libro onde se atopa o prólogo de Manuel González González. Foto: IE Campus Stellae |
Manuel González González.
Real Academia Galega
Esgrafiado no diccionario da Real Academia galega. Fragmento p.p 19-29
" No mes de mayo de 2022 recibimos na Real Academia Galega unha solicitude da directora do Instituto Europeo Campus Stellae na que se solicitaba a incorporación ao Diccionario da RAG da familia léxica relacionada coa técnica do "esgrafiado" palabra que raramente fora utilizada na lingua galega pola simple razón de que practicamente non había estudos en galego dedicados a investigar esta técnica de gravado. A solicitude tiña unha motivación moi concreta: a investigadora Mar López Sotelo acababa de publicar un traballo sobre as gravacións realizadas con esta técnica en Galicia. Cumpría, pois, buscar unha voz para designar esta técnica en lingua galega.
O seminario de Lexicografía da RAG atendeu a solicitude e acordou o día 30 de maio de 2022 incorporar ao seu diccionario a palabra ESGRAFIADO....
O importante é que a lingua galega xa dispón, de maneira oficial, da terminoloxía necesria para designar estes novos conceptos, grazas ao traballo de Mar López Sotelo e á iniciativa do Instituto Europeo Campus Stellae e da súa directora Nuria Pereira, quen tiveron a feliz idea de facer chegar á RAG a necesidade de encher este baleiro terminolóxico."
Mar López Sotelo
Directora do Área de Historia e Antropoloxía
Instituto Europeo Campus Stellae
No hay comentarios:
Publicar un comentario