Esgrafiado galego no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia.
Directora y directores de Área del Instituto Europeo Campus Stellae. 27 de febrero de 2023. |
Visita de Nuria Pereira y Carolina Rodríguez al panel arqueológico del esgrafiado gallego: Catálogo Mapa Interactivo |
O 27 de febreiro de 2023 no Instituto Europeo Campus Stellae de Santiago de Compostela, os directores de Área tivemos unha xornada de traballo para redactar a solicitude a Xunta de Galicia da inclusión da técnica do Esgrafiado Galego no Censo de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego.
Dona Nuria Pereira como directora xeral do Instituto, ratificou a nosa decisión e o director do Área de Arqueoloxía, o abogado e Alcalde de Rianxo, don Xulián Bustelo cumplimentou a solicitude e levou a cabo todos os trámites necesarios para a sua presentación no rexistro da Xunta. Despoís de case un ano de espera, onte 20 de novembro de 2024, engadimos un novo logro pra comunidade académica e investigadora de Campus Stellae, tamén contamos co logro de que en maio de 2022 aceptasen incluir o termo Esgrafiado no diccionario da Lingua Galega.
Unha inestimabel aportación, que segundo as verbas do doutor Ruiz Alonso " sin duda valorarán,.. todos los que defendemos la importancia histórica, artística y etnográfica del revestimiento esgrafiado". Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago (2021)
Dende o I.E. Campus Stellae, estamos moi honrados de colaborar coas nosas investigacións para que o Arte do Esgrafiado Galego teña o recoñecemento que se merece, tanto nacional como internacionalmente e nós seguiremos facendo camiño pra logralo.
Pra máis información :
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241120/AnuncioG0766-131124-0001_gl.html
López Sotelo, M.: (2023). Esgrafiado Galego. Un Museo ao aire libre. Po: Téofilo Edicións.
Autoridades en la presentación del libro "Esgrafiado Galego" Teófilo Edicións. Detalle de la alfombra floral obra de Alfonbras Florais de Burela. |
Mar López Sotelo
Directora de Área de Historia e Antropoloxía
Instituto Europeo Campus Stellae
No hay comentarios:
Publicar un comentario